“O relato que escoitamos estes días na Audiencia Nacional é un pesadelo”
23 de octubre de 2020.
Cuarta xornada do xuízo en Madrid contra 12 independentistas galegos.
“O relato que escoitamos estes días na Audiencia Nacional é un pesadelo”. Así resumiu Joam Peres na cuarta xornada do xuízo que na Audiencia Nacional se segue contra el e outros 11 independentistas o que tiveron que escoiar estes días. Fíxoo na súa quenda de intervención e após facelo a Fiscalía e dous dos tres avogados da Defensa.
Peres narrou a súa detención hai 5 anos e como desde entón viviron un “mal soño” no que a vida das acusadas fica marcada por acusacións policiais e mediáticas e un proceso que se prolongou durante todo este tempo e que nestes días chegou á Audiencia Nacional. Defendeu que Causa Galiza actuou no marco da legalidade e negou que nos Día da Galiza Combatente houbese “enaltecemento de actividades armadas”.
Non hai, pois, “entramado” para enaltecer unha organización terrorista , da “que na Galiza ninguén coñece nin sabe dela”. Tamén indicou que sabían ante que tribunal estaban. “Sabemos cal é a natureza da Audiencia Nacional”, expresou, en referencia a como naceu do Tribunal de Orde Público (TOP) franquista e cal foi o seu papel desde entón e até de agora a respecto dos movementos independentistas.
“Somos e seremos independentistas, sexa cal sexa a sentenza, somos e seremos patriotas galegos”, afirmou, antes de que o xuíz dese por rematado o que considerou “un mitin” cun escueto e rotundo: “Suficiente!”.
A seguir, tomaron a a palabra outros 2 acusados, Arias Curto e Sabela Igrexas.
Antes, o ministerio fiscal retira a acusación dun delito de enaltecemento do terrorismo, polo recebemento de Héctor Naya, Koala, a Óscar, Ugio e Afonso. Retirou tamén a acusación a Ugio Caamanho de pertencer a organización terrorista.
Mais mantivo o resto das súas acusacións inamobíbeis, sinalando Ceivar como organización que dá apoio e soporte a presos por acción violentas mentres Causa Galiza lexitimaría esas accións. Mantén pois a liña argumental de que na Galiza hai un ‘entramado’ centrado en enaltecer o terrorismo e do que farían parte as 12 acusadas. Algo que a defensa nega e se centrou en desmontar durante estas xornadas.
Noticias relacionadas
- octubre de 2020 Galiza: Defender a terra non é delito!
- octubre de 2020 A Solidariedade nom pode ser ilegal: Posiçom de Ceivar perante o juizo da Jaro
- octubre de 2020 18 de outubro: manifestación nacional pola absolución dos 12 independentistas encausados na Operación Jaro
- octubre de 2020 Novas dúbidas sobre o proceso da ‘Operación Jaro’ a menos dun mes do xulgamento
- octubre de 2020 Terceira xornada do xuízo contra 12 independentistas galegos
- octubre de 2020 “Parabéns Teto”: desexar bo aniversario a un preso independentista como proba de “enaltecemento do terrorismo”
- octubre de 2020 Unha loita esencial