Nodo50, contrainformación en red. Servidor Alternativo.

Novas dúbidas sobre o proceso da ‘Operación Jaro’ a menos dun mes do xulgamento

Lunes 5 de octubre de 2020. Nodo50 | Descargar artículo en PDF

Fuente: Esculca

Un informe xurídico do Observatorio Esculca conclúe que foron quebrantados “múltiplos dereitos fundamentais” dos acusados de Ceivar e Causa Galiza. Denuncian que o tribunal estaría tratando como terrorismo “actividades pacíficas de disidencia”.

Novas críticas ao proceso legal contra Causa Galiza e Ceivar. A menos de un mes de que comece o xulgamento ás doce persoas imputadas na Operación Jaro sucédense as voces que denuncian a “vulneración de dereitos fundamentais” en que incorrería a Audiencia Nacional. Ese é a denuncia do Observatorio EsCULcA, que acaba de emitir un extenso relatorio en que arremete contra un proceso sobre o que paira a polémica.

O estudo de EsCULcA analisa as implicacións legais da investigación dende a etapa policial até os xulgados. A conclusión é clara: o proceso incorreu nunha “vulneración” de 5 dereitos fundamentais, dende a liberdade de expresión aos “dereitos de participación política”. As denuncias do observatorio súmanse así ás críticas expresadas semanas atrás polo letrado de 9 dos acusados de Causa Galiza. Tal e como informou GC, os servizos xurídicos da formación acusaron naquela altura o Tribunal Constitucional por un “incumprimento de garantías básicas” que, porén, viría dende os albores da investigación policial.

“ELASTICIDADE” DO TERMO “TERRORISMO”

A detención dos membros de Causa Galiza en 2015 foi celebrada polo daquela Ministro de Interior Jorge Fernández Díaz -hoxe imputado no caso Kitchen- como un golpe ao terrorismo. A cuestión terrorista latexa ao longo da investigación, tratándose -segundo o observatorio- do elemento chave que permitiu pór en andamento o proceso.

Neste aspecto, Esculca destaca unha “progresiva expansión da noción de terrorismo”, de forma que este concepto remataría abranxendo aqueles compartamentos que até agora eran legais. “Actividades clásicas de disidencia política, como mobilizacións e manifestacións populares, son calificadas de natureza terrorista”, subliña o observatorio.

UN PROCESO BAIXO SOSPEITA

O informe critica, nesta dimensión, que tales actividades sexan consideradas delitos de terrorismo cando “son desposuídas da componente xurídica esencial”, quer dicir, a violencia. E é que, sempre segundo a versión do observatorio, as actividades desenvolvidas sob a marca de Causa Galiza foron “públicas, pacíficas e conformes á legalidade vixente”.

A alegación de Esculca únese así á denuncia da propia formación de que o Tribunal Constitucional devolvera á Audiencia a xestión da súa propia “falta de garantías”, segundo destacaron meses atrás. Neste aspecto, a equipa legal de nove dos acusados criticara que a investigación fora levada a cabo “sen ter constancia dun delito”, senón “para buscalo”. A Fiscalía pide un total de 102 anos de prisión para os acusados.

INFORME SOBRE VULNERAÇÃO DE DIREITOS E LIBERDADES

Más noticias relacionadas en Nodo50
Versión PDF: Descargar artículo en PDF | Enlace permanente: info.nodo50.org/6283