18 de outubro: manifestación nacional pola absolución dos 12 independentistas encausados na Operación Jaro

14 de octubre de 2020.

A mobilización terá lugar en Compostela, o día anterioro ao inicio do xuízo en Madrid, e partirá ás 12:00 horas da Alameda. Un día antes de que principie o xuízo na Audiencia Nacional contra os 12 independentistas galegos encausados na ‘Operación Jaro’, Compostela acollerá unha manifestación nacional na que se demandará a absolución dos procesados e a continuidade do estatus legal de Causa Galiza e Ceivar, organizacións nas que militan e baixo perigo de ser declaradas ilegais.

A manifestación enmárcase na campaña de solidariedade e apoio que se está a desenvolver na Galiza, e tamén noutros puntos do Estado como Euskal Herria, Catalunya ou Madrid; cos independentistas procesados.

A Fiscalía da Audiencia Nacional pide 102 anos de prisión para 12 militantes de Causa Galiza e Ceivar. Impútalles “pertenza a organización criminal para a comisión de delitos de enaltecemento do terrorismo” e pide a disolución de ambas as dúas organizacións.

Durante estes meses diferentes organizacións políticas (BNG, Anova), sindicais (CIG, CUT), sociais e culturais mostraron o seu rexeitamento a este xuízo na Audiencia Nacional.

O Observatorio para a defensa dos dereitos e liberdades Esculca elaborou recentemente un relatorio no que debulla as acusacións contra os 12 independentistas.

Este informe xurídico conclúe que foron quebrantados “múltiplos dereitos fundamentais” dos acusados de Ceivar e Causa Galiza. Denuncian que o tribunal estaría tratando como terrorismo “actividades pacíficas de disidencia”.

O estudo analisa as implicacións legais da investigación dende a etapa policial até os xulgados. A conclusión é clara: o proceso incorreu nunha “vulneración” de 5 dereitos fundamentais, dende a liberdade de expresión aos “dereitos de participación política”. As denuncias do observatorio súmanse así ás críticas expresadas semanas atrás polo letrado de 9 dos acusados de Causa Galiza.

Convocatoria na Audiencia Nacional o 19 de outubro às 9 h.

Iniciativas solidárias com encausadas da ‘Operaçom Jaro’ culminarám com manifestaçom nacional em Compostela


Noticias relacionadas

Versión PDF: Descargar artículo en PDF | Enlace permanente: https://info.nodo50.org/6285