Acompáñanos no acto oficial de presentación de Amigas das Árbores de Vigo!
3 de diciembre.
Data: 12 de decembro de 2024
Hora: 19:30 h
Lugar: Rúa María BerdeEs (antes María Berdiales), tramo arborado fronte ao número 34.
Celebramos a formalización da nosa asociación nun lugar cargado de significado, onde a veciñanza logrou salvar o arborado dunha tala municipal no 2018, demostrando a forza da unión en defensa da natureza.
Programa: Presentado por Petra Porter
Actuación de Su Garrido Pombo coa peza "A Horta do Berbés".
Lectura do Manifesto fundacional por Julián Hernández, líder de Siniestro Total e amigo das árbores.
Entrega das distincións "Viguesas Distintas" á veciñanza de María Berdiales e ao alumnado do Colexio Chans-Bembrive, pola súa loita na conservación do arborado da Falperra.
Descuberta simbólica da nova denominación da rúa: "Rúa María BerdeEs".
Unamos forzas por un Vigo máis verde! Non ás talas nin mutilacións, si á conservación e coidado do noso patrimonio arbóreo!
Participa e únete á nosa causa! Máis info no noso Manifesto fundacional:
https://chng.it/Q2V56dvCVT
Amigas das Árbores - Porque cada árbore conta
https://www.facebook.com/amigasdasarboresdevigo/?locale=es_ES