Intervención en Santiago de Compostela en defensa do sector lácteo (10-9-15)

11 de septiembre de 2015.

A loita d@s gandeir@s vai máis aló da defensa dun sector estratéxico e ten moito que ver tamén coa defensa da nosa identidade e polo tanto do noso futuro. Porque se o campo esmorece con el esmorecemos tod@s.

Os gandeiros e gandeiras galegos levamos soportando lustros de chantaxe, ameazas veladas e prezos tirados polo chan, somos preto de 10.000 as familias que co noso traballo favorecemos que se creen preto de 100.000 empregos. Non hai en ningunha rexión europea caso semellante nin exemplo de resistencia parecido.

Levamos anos escoitando aos responsables políticos dicir que Galicia está en risco de sufrir un colapso demográfico porque os novos marchamos das aldeas para facer a vida nas vilas ou nas capitais de provincia. Non hai en moitos casos e moitas casas posibilidade de seguir adiante coas explotacións.

Que mellor medida para fixar poboación no interior que a xente poida vivir do seu traballo? Defender @s nos@s gandeir@s, as nosas vacas, é tamén fixar poboación.

Para elo, debemos esixir ás autoridades que deixen de agocharse detrás da Comisión Nacional da Competencia ou da Comisión Europea, para non afrontar con decisión –como si fixeron os franceses- un plan político para sacar da agonía as granxas que están sendo saqueadas, sen escrúpulos, por industria e distribución. Onde está a Comisión da competencia investigando as axudas á banca ou as eléctricas?? E para iso non valen medidas de refinanzamento das débedas nin os 300 euros que nos ofrecen. O que queremos e non ter que endebedarnos para poder facer o noso traballo, e iso so se consigue freando a apropiación ilegal de renda que están a sufrir gandeiros como meus pais.

O goberno de Madrid e o de Santiago sabe que é indigno ameazar aos produtores con non recoller o leite ata baixar os prezos os 0,22€ ou menos por litro. Iso é unha inmoralidade! Como tamén o é que nos hipermercados de cadeas internacionais, e mesmo nalgún de aquí, que ademais fai gala do modo de vida d@s galeg@s, se poña máis barato prezo dun litro de leite que o dun litro de auga, porque unha de dúas ou dentro dese cartón non hai leite ou dentro deses empresarios non hai alma nin vergoña.

Chegou o momento sinalar co dedo aos responsables, aos que non arriscan para dar resposta política seria e contundente; de sinalar co dedo os que se aproveitan da actual situación de desprotección dos gandeiros para tiralo prezo arruinando a familias enteiras; de sinalar aos que converten o leite nun reclamo carente de valor comercial; de sinalar ás marcas; de sinalar aos cómplices.

Por iso, a Plataforma pola Defensa do Sector Lácteo Galego e todos e todas nós estamos hoxe aquí para denunciar a situación do sector lácteo que é absolutamente dramática, o cal implica unha gravísima crise económica de todo o país, por iso vimos dicirlle a Feijóo que hai que apostar decididamente por poñer peso político para defender Galicia. Non é un capricho. É o seu deber a defensa do noso país, é a súa obriga!!

@s gandeir@s galeg@s levamos máis dun mes mobilizándonos e
conseguindo o apoio de todos os sectores sociais. Chegados a este punto de ter ocupados Lugo e Compostela non estamos no momento de dar marcha atrás! E non o faremos ata conseguir un marco estable que nos permita exercer o noso traballo e poder vivir dignamente del nun período longo no tempo.

Como estamos somerxidos nun proceso de negociación, esiximos a retirada inmediata dos contractos insultantes á baixa que está a presentar a industria nestes momentos, incluso dos que están asinados recentemente.

Respecto ao borrador que se está a negociar en Madrid, aínda que nos parece que ten cousas positivas para poder acadar un acordo estable, fáltalle o máis importante: un decreto de garantes que poida asegurar que eses acordos entre produtores, industria e distribución vanse facer efectivos, cunha escala de sancións efectivas no tempo para quen se atreva a non cumprir os acordos.

Os acordos que se están negociando en Madrid falan de facerse efectivos a partir do 1 de decembro, a nosa dramática situación esixe que se fagan efectivos a partir do 1 de outubro.

En definitiva, solicitamos á Administración Autonómica e ao Goberno do Estado, que @s gandeir@s galeg@s sexan tratados como o resto d@s gandeir@s da Unión Europea, nomeadamente como os franceses que teñen un goberno que ten clara a importancia económica, social e, en definitiva, estratéxica do sector lácteo.

Necesitamos e esiximos un prezo que cubra os custes de produción. Na reunión de onte, o presidente da Xunta de Galicia veunos a dicir que apoia as nosas peticións, que son xustas, pero non hai maneira de que faga nada para solucionalo; manda a pelota para Madrid, para Bruxelas, para o libre mercado, para a industria, para a distribución, etc.

Señor Feijóo: O problema está aquí e vostede é responsable desta situación! Esixímoslle que poña toda a vontade e o seu peso político, se o ten, para solucionar o problema. Esixímoslle que o faga xa!

Estamos mobilizad@s en Compostela, en Lugo e en todo o país, co respaldo de toda a sociedade e non nos moveremos ata ter algo asinado que nos garanta poder traballar con dignidade.

Os tractores saen de Santiago para bloquear as industrias lácteas


Descargar
Peso: 1.5 MB
Res: 3200 x 1920 px
Descargar
Peso: 1.6 MB
Res: 3200 x 1920 px
Descargar
Peso: 1.3 MB
Res: 3200 x 1920 px
Descargar
Peso: 1.5 MB
Res: 3200 x 1920 px
Descargar
Peso: 2.2 MB
Res: 3200 x 1920 px
Descargar
Peso: 2.4 MB
Res: 3200 x 1920 px
Descargar
Peso: 1.5 MB
Res: 3200 x 1920 px
Descargar
Peso: 1.6 MB
Res: 3200 x 1920 px
Descargar
Peso: 1.6 MB
Res: 3200 x 1920 px
Descargar
Peso: 1.7 MB
Res: 3200 x 1920 px
Descargar
Peso: 1.4 MB
Res: 3200 x 1920 px
Descargar
Peso: 1.6 MB
Res: 3200 x 1920 px
Descargar
Peso: 1.9 MB
Res: 3200 x 1920 px
Descargar
Peso: 1.7 MB
Res: 3200 x 1920 px
Descargar
Peso: 1.8 MB
Res: 3200 x 1920 px
Descargar
Peso: 1.5 MB
Res: 3200 x 1920 px
Descargar
Peso: 2.2 MB
Res: 3200 x 1920 px
Descargar
Peso: 2 MB
Res: 3200 x 1920 px
Descargar
Peso: 1.7 MB
Res: 3200 x 1920 px
Descargar
Peso: 1.8 MB
Res: 3200 x 1920 px
Descargar
Peso: 2.5 MB
Res: 3200 x 1920 px
Descargar
Peso: 2.6 MB
Res: 3200 x 1920 px
Descargar
Peso: 2.5 MB
Res: 3200 x 1920 px
Descargar
Peso: 3.3 MB
Res: 3200 x 1920 px
Descargar
Peso: 1.4 MB
Res: 3200 x 1920 px
Descargar
Peso: 75.7 KB
Res: 1280 x 720 px
Versión PDF: Descargar artículo en PDF | Enlace permanente: https://info.nodo50.org/5583