Nodo50, contrainformación en red. Servidor Alternativo.

Homenaxe en Vigo a Baena e a todas as vitimas da represión franquista

Domingo 27 de septiembre de 2015. Nodo50 | Descargar artículo en PDF

Unhas 350 persoas asistiron hoxe (27 de setembro) no cemiterio de Pereiro de Vigo ao acto de homenaxe en lembranza de Xose Humberto Baena e tamén de Xosé Luis Sánchez-Bravo, Ramón Garcia Sanz, Angel Otaegi e Yon Paredes Manot “Txiki asasinados pola ditadura franquista o 27 de setembro de 1975.

O acto abriuse coa lectura dunha declaración* en nome da Comisión 27 de setembro. Logo Mari Luz Maset leu unha carta que Ramón García Sanz escribiu ao seu irmán e única famila (enfermo de poliomenitis e impedido nun hospital de Zaragoza) días antes da súa execución e onde lle deixaba todas as súas pertenzas. A continuación Luis Viñas, leu un fragmento do relato El Relog que Baena escribira días antes da súa morte. Proseguiuse coa lectura de sendos poemas escritos para a ocasión por Manuel Pipas e Manuel Sio. Acto seguido Laura Quintillán ofereceu ao violino un fragmento dunha sonata de J.S Bach. Laura Pérez leu unha mesaxe de Rosa Regás. Despois da intervención do poeta Xosé María Álvarez Cáccamo, que escolleu a lectura duns versos do seu libro “De mañá que medo”, o ato rematou coas intervencións de Eva Solla e Flor Baena, curmán e irma respectivamente de Xose Luis Sánchez-Bravo e de Xosé Humberto Baena. Tamen se dirixiu @s presentes um membro do Socorro Roxo Internacional.

Para rematar, cantou-se o himno galego.

* 27 DE SETEMBRO DE 1975-27 DE SETEMBRO DE 2015

40 ANOS DESPOIS DUNS ASASINATOS DE ESTADO

O 27 de setembro de 1975, a cidade de Vigo e o mundo enteiro estremecíase diante das derradeiras penas de morte executadas en Europa por motivos políticos. Cinco loitadores antifranquistas eran asasinados logo de ser detidos e procesados nuns xuízos farsa realizados baixo xurisdición militar, en consellos de guerra sumarísimos. Foron condenados a morte en sentenzas ditadas de antemán, en base a probas inexistentes e sen testemuñas presenciais, sustentadas exclusivamente en declaracións autoinculpatorias obtidas baixo tortura. Estes feitos golpearon sobre todo a nosa cidade, porque entre os cinco asasinados, dous, Xosé Humberto Baena Alonso e Xosé Luís Sánchez Bravo-Solla eran veciños de Vigo. Xunto a eles caian tamén diante do pelotón de fusilamento Ramón García Sanz, Juan Paredes Manot”Txiki” e Angel Otaegi.

Para todos e todas os que creemos na necesidade de verdade, xustiza e reparación das vitimas da ditadura é unha obriga inescusable que a lembranza deste tráxico acontecemento non esmoreza ou desapareza para sempre da memoria colectiva.

Cúmprense hoxe cuarenta anos desde aquel 27 de setembro. E desde hai trinta e nove, os amigos e amigas, compañeiros e compañeiras e camaradas de Xose Humberto Baena e tamén de Xosé Luis Sánchez-Bravo, vímonos xuntando aquí coa idea clara de manter viva a súa lembranza, celebrando actos como o que hoxe nos convoca diante da tumba de Pite. Sexan pois benvidas todas aquelas persoas que hoxe nos acompañan por primeira vez.

Porén, a nosa presencia aquí non pode nin debe constituír só un acto de emocionada e irada lembranza dos compañeiros mortos. Ninguén ten dúbidas cando se trata de reivindicar con orgullo a memoria dos que, coas armas na man, loitaron para defender a lexitimidade do goberno da República. Ninguén ten dúbida tampouco á hora de calificar aquela loita como un combate xusto na defensa da legalidade. Pois ben, hoxe nós estamos tamén aquí para reivindicer e sentirmonos orgullosos da loita que Baena e tantos outros, homes e mulleres, mantiveron contra a ditadura franquista

Cómpre non esquecer que a loita dos que defenderon a lexitimidade republicana contra o golpe militar fascista de xullo de 1936 –comunistas,socialistas, anarquistas, nacionalistas, obreiros e campesiños, xentes sen adscripción política, antifascistas todos, republicanos en fin, - foi a mesma loita que mantiveron Baena e os seus compañeiros asasinados e outros loitadores e loitadoras contra o fascismo.

Por iso, diante da tumba de Xosé Humberto Baena e no nome da Comisión 27 de setembro

ESIXIMOS Verdade Xustiza e Reparación moral, social e xurídica para todos os que, homes e mulleres, loitaron contra a ditadura e foron as súas vitimas Por iso, diante da tumba de Xosé Humberto Baena e no nome da Comisión 27 de setembro

ESIXIMOS a anulación dos xuízos da ditadura Por iso, diante da tumba de Xosé Humberto Baena e no nome da Comisión 27 de setembro

ESIXIMOS a fin da impunidade e a extradición a Arxentina de todos os asasinos, torturadores e políticos cómplices da ditadura, para que sexan xulgados por crimes contra a humanidade

E tamén por iso e diante da tumba de Xosé Humberto Baena e no nome da Comisión 27 de setembro

RECLAMAMOS das forzas políticas e sindicais e das organizacións e asociacións veciñais que actúan na nosa cidade que colaboren con nós para esixir á Corporación municipal que adique un espazo público á lembranza de Xosé Humberto Baena e dos seus compañeiros asasinados polo franquismo.

Moitas grazas

COMISIÓN 27 DE SETEMBRO

Vigo 27 de setembro de 2015

Portafolio

Descargar
Doc: JPEG
Peso: 1.6 MB
Res: 3200x1920 px
Descargar
Doc: JPEG
Peso: 1.9 MB
Res: 3200x1920 px
Descargar
Doc: JPEG
Peso: 1.8 MB
Res: 3200x1920 px
Descargar
Doc: JPEG
Peso: 2.3 MB
Res: 3200x1920 px
Descargar
Doc: JPEG
Peso: 2.3 MB
Res: 3200x1920 px
Descargar
Doc: JPEG
Peso: 2.2 MB
Res: 3200x1920 px
Descargar
Doc: JPEG
Peso: 2.2 MB
Res: 3200x1920 px
Descargar
Doc: JPEG
Peso: 2.5 MB
Res: 3200x1920 px
Descargar
Doc: JPEG
Peso: 2.1 MB
Res: 3200x1920 px
Descargar
Doc: JPEG
Peso: 2.5 MB
Res: 3200x1920 px
Descargar
Doc: JPEG
Peso: 2.3 MB
Res: 3200x1920 px
Descargar
Doc: JPEG
Peso: 2.3 MB
Res: 3200x1920 px
Descargar
Doc: JPEG
Peso: 2.4 MB
Res: 3200x1920 px
Descargar
Doc: JPEG
Peso: 2.4 MB
Res: 3200x1920 px
Descargar
Doc: JPEG
Peso: 2.3 MB
Res: 3200x1920 px
Descargar
Doc: JPEG
Peso: 1.3 MB
Res: 3200x1920 px
Descargar
Doc: JPEG
Peso: 2.2 MB
Res: 3200x1920 px
Descargar
Doc: JPEG
Peso: 2.3 MB
Res: 3200x1920 px
Descargar
Doc: JPEG
Peso: 1 MB
Res: 3200x1920 px
Descargar
Doc: JPEG
Peso: 2.1 MB
Res: 3200x1920 px
Descargar
Doc: JPEG
Peso: 2.1 MB
Res: 3200x1920 px
Descargar
Doc: JPEG
Peso: 1.3 MB
Res: 3200x1920 px
Descargar
Doc: JPEG
Peso: 2.2 MB
Res: 3200x1920 px
Descargar
Doc: JPEG
Peso: 1.6 MB
Res: 3200x1920 px
Descargar
Doc: JPEG
Peso: 1.9 MB
Res: 3200x1920 px
Descargar
Doc: JPEG
Peso: 1.3 MB
Res: 3200x1920 px

Versión PDF: Descargar artículo en PDF | Enlace permanente: info.nodo50.org/5591