Nodo50, contrainformación en red. Servidor Alternativo.

Hai 75 anos, falanxistas asaltaron o barco Bou Eva no porto de Vigo

Lunes 23 de abril de 2012. Nodo50 | Descargar artículo en PDF

O 23 de abril de 1937, oito homes e unha muller dispúñanse a fuxir a Francia por mar desde o porto de Vigo. Eran galeguistas, socialistas, comunistas e anarquistas.

Tras seren delatados, posiblemente por un tripulante, os falanxistas asaltaron o barco, abeirárono a un alxibe do porto e asolagaron a adega do bou, primeiro con auga fría e despois con auga quente.

Mais os tripulantes non sairon, decidiron pór fin á súa vida de maneira colectiva, antes de entregárense aos falanxistas.

Este suceso foi omitido polo réxime franquista e nulamente difundido pola mal chamada transición española.

Foi o suicidio colectivo mais grande da guerra civil, e o povo de Vigo continúa a descoñecer a súa tráxica historia.

Segundo Xesús Alonso Montero, presidente do Foro pola Memoria, "un suicidio colectivo coma o do bou Eva non sucedeu en ningún outro lugar durante a Guerra Civil".

Os pasaxeiros, de distinta orientación política, eran os galeguistas José Losada Castelao e Manuel Rodríguez Castelao (curmáns de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao), os socialistas Manuel Martínez Moroño, José Rodríguez Lorenzo e Fernando Rodríguez Lorenzo, e os comunistas Luís Álvarez González, Camilo Campos Méndez e o matrimonio Carmen Miguel Agra e Anxo Nogueira Nogueira.

Perfís

* José Losada Castelao, nado en Rianxo e de profesión mestre. Afiliado ó Partido Galeguista, curmán de Castelao. Suicidouse con 45 anos.
* Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo e de profesión mestre. Curmán de Castelao. Suicidouse con 31 anos.
* Manuel Martínez Moroño, nado en Vigo e de profesión mariñeiro. Suicidouse con 44 anos. Existía unha requisitoria de mariña acusándoo de coacción.
* José Rodríguez Lorenzo, natural de Sárdoma, Vigo, e de profesión albanel. Suicidouse con 30 anos.
* Fernando Rodríguez Lorenzo, nado en Vigo e de profesión albanel. Suicidouse con 37 anos. Tiña aberta causa por rebelión militar e estaba declarado fuxido en rebeldía.
* Luis Álvarez González, nado en Becerreá mais residente en Vigo, era obreiro naval en Barreras. Suicidouse con 30 anos.
* Camilo Campos Méndez, nado en Celanova mais residente en Vigo, era barbeiro. Suicidouse con 33 anos. Os seus irmáns Manuel Campos Méndez e Julio Campos Méndez foron asasiñados.
* Carmen Miguel Agra, nada en Vigo, de profesión ama de casa. Suicidouse con 24 anos.
* Anxo Nogueira Nogueira, nado en Vigo e afiliado á UXT. Suicidouse con 30 anos.

Fontes : Asociación Cultural Bou Eva e Wikipedia

http://acboueva.blogaliza.org/
http://gl.wikipedia.org/wiki/Asalto...

memoria do bou eva

este pequeno anaco de papel
cunhas poucas palabras escritas
unha minima folla no vento
asi é a nosa vida

bou eva vou coa memoria vou

o porto os peiraos lugares
para a partida e para a chegada
ai estes lugares tamen para a fuxida
a terra a cidade o porto os peiraos

aquel barco debia navegar
cara a buscada liberdade
o barco da necesaria fuxida
do ultimo do derradeiro soño

o bou eva vai pola vida
vai pola vida o bou eva
ai bou eva que aí ven
que ven por ti a barbarie

ai bou eva bou eva
o barco que se convertiu
nunha trampa nunha prision
nun forzado forzado suicidio

polos mortos e a morta do bou eva
estas palabras versos non esquecen
memoria antifranquista memoria
non esquecemos non esquecemos

manolo pipas

http://envolventesaspalabras.info/d...

Represión durante a Guerra Civil na Galiza

Durante a Guerra Civil española foron executadas na Galiza 5.651 persoas, e outras 8.106 máis foron procesadas por delitos relacionados co conflito, segundo as conclusións provisionais do informe “As vítimas, os nomes, as voces e os lugares”, elaborado por unha comisión interuniversitaria a instancias da Consellaría de Cultura.

Dos 5.651 mortos, 5.561 foron homes e 90 mulleres, mentres que dos procesados os homes foron 7.782 e as mulleres 324.

O informe clasifica os falecidos en dous blocos, segundo as cirsunstancias da morte:

* Extraxudicial (paseados, execucións sen formación de causa, morte na cadea, mortes en tiroteos): 4.560
* Execucións: 1.091

http://www.nomesevoces.net/victimas...

Outras formas de persecución exercidas en Galicia:

http://www.nomesevoces.net/gl/infor...

Portafolio

Descargar
Doc: JPEG
Peso: 2.9 KB
Res: 120x120 px
Descargar
Doc: JPEG
Peso: 140.3 KB
Res: 1477x2400 px
Descargar
Doc: JPEG
Peso: 2.9 KB
Res: 120x120 px

Versión PDF: Descargar artículo en PDF | Enlace permanente: info.nodo50.org/4586